«Son secuencias piratas, montadas alternativamente para crearen ilusión de simultaneidade: van dar as oito da mañá e o libro dura o que unha viaxe ata Vigo no barco de Cangas. Un lirismo apoiado no estrañamento que sempre produce o cotián e na intensidade dos símbolos, mestura postmoderna do urbano e o tradicional. Lírica insumisa». Iris Cochón
«Tortillas para os obreiros é, ante todo, un libro de clase e, como diría Anxo Angueira, un libro con clase. Querendo fardar un chisco no plano teórico, diriamos que non é un libro monolóxico senón bio-lóxico, porque fala da vida obreira en estado fósil e ten sentido social, biodegradábel; é dicir, non é marmóreo nin eférmero (cfr. cancros líricos) senón que nace nas marmitas e morre na seguridade hipodérmica dos hospitais». Cid Cabido
«Tortillas para os obreiros, é unha aldrabada á conciencia do lector, un paseo polo inferno da morte e da rutina. Un poemario secuencial e simétrico, que verte pousos descorazonadores da nosa existencia. Páxinas que nos levan alén do pedramol, do siroco e dos obreiros, coa exactitude e a ambigüidade da palabra poética de Fran Alonso». Ramón Nicolás
Tortillas para os obreiros (Espiral Maior, 1996) es uno de los libros fundamentales de este periodo. Poesía gallega, joven, Elena Medel
Fran Alonso consolídase con este libro como unha das voces máis activas e interesantes do panorama literario galego na actualidade. Tortillas para os obreiros manexa unha estructura narrativa binaria que combina, a un tempo, o relato poético de dúas historias paralelas sen máis puntos en común que as tortillas e unha fiestra de hospital sobre a ría. Nos poemas que conforman a Secuencia A, unha muller desprázase en barco de Cangas a Vigo onde traballa facendo tortillas nun bar frecuentado por obreiros. Nos textos da Secuencia B, asistimos, desde o seu cuarto hospitalario, ao difícil tránsito cara á morte dun enfermo en fase terminal. (...) Estes dous personaxes contrapostos, muller e home, que nos falan de realidades diverxentes e sen relación están unidos por un fío ténue. (...) Na cidade, hai dúas vidas que esmorecen. Unha pechada na esterilidade da súa existencia, outra na morte que coloniza o seu corpo. Unha explotada en todos os ámbitos –persoal, laboral–, outra desafiuzada ata de si mesma e do seu corpo. Dous seres que respiran aire de borralla e maldicen o seu destino. Teresa Seara, A Nosa Terra.
Tortillas para os obreiros é un libro proletario, de clase, inquedo, rutinario, cru, de léxico mesto como a néboa mañanceira e sonoro como as sereas das fábricas; case un libro de culto. Xosé Manuel Freire, Bambán.
- Deixa o teu comentario sobre Tortillas para os obreiros
- A poesía de Fran Alonso en Twitter
- Reseñas e críticas sobre Tortillas para os obreiros
- Entrevistas con Fran Alonso
