XI Premio Blanco Amor de Novela

Tráiler é unha obra plural, ateigada de puntos de vista e de voces narradoras, cheas de tipos do asunto, tipos da estrada (El Correo Gallego).

Tráiler mergúllano no mundo actual. Sentimos as presas ilóxicas, a anguria e agresividade, a importante presenza das comunicacións. E ao carón atopamos o home inamovible tradicional, cos seus costumes e valores de sempre (C. Ríos Panisse, Grial).  

Tráiler é, ao meu entender, a novela máis conseguida dos últimos decenios en lingua galega (...) Pepe afonda no individuo concreto, Xenaro na relación de parella e Lino no sentido do clan, da familia e do sangue . (...) Sexo, perigo e un final desengañado, sería un guión estupendo para unha road movie europea (A. R. López-Vázquez, Reseña de Literatura, arte y espectáculo)

De Tráiler sigo pensando que é unha das mellores novelas da narrativa galega actual (Byron, Sete Días)